-
Os libros (im)posibles que me gustaría ler no 2020
O único aspecto negativo de ter as dúas fillas marabillosas que teño é que, desde que son pai, incumplo sistematicamente os meus propósitos lectores de inicio de ano, mais estou certo que o tempo nelas é tempo ben empregado. É por iso que levo un tempo no que a miúdo me teño que conformar con… Ler máis
-
Sete lugares para ler en Vigo
Vigo é unha cidade de contrastes, capaz de conter nela as producións artísticas máis notables da historia recente de Galicia xunto coas ideas máis estrambóticas de modelo de cidade; nesta cidade que somos capaces de odiar e amar a partes iguais, o mesmo aparece o interensantísimo colectivo artístico 85 C que soportamos os desvaríos do… Ler máis
-
Novela: Penumbra
En xullo deste ano saiu do prelo Penumbra, na colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais, unha novela de aventuras que supón a miña primeira incursión na novela. A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que… Ler máis
-
Poemario: Ningún paxaro exótico
QUEN FOI OLIVE THOMAS? Olive Thomas foi unha das ziegfeld follies, unha flapper girl, unha actriz de cinema mudo da que podedes atopar algunha información na rede, mais tampouco demasiada. Olive Thomas tivo un final tráxico e prematuro froito do rápido que fluía a vida naqueles tolos anos 20 do século pasado ao que creo que aínda pertenzo. Cheguei… Ler máis
-
Poemario: Da casa nova
POR QUE? Da casa nova foi un poemario editado pola desaparecida Emerxente Editora no ano 2014. Logo de tres anos penso que o formato papel quedou esgotado. É por tanto un libro amortizado, de pouca repercusión e percorrido moi breve. Tomo agora a decisión de deitalo na rede logo de que, para min, perdese toda actualidade.… Ler máis
-
Álbum: Unha sorpresa para Goruk
Non hai nada máis gratificante de escribir que facelo en compañía. Cando a idea desta historia comezou a baterme no pulso a primeira persoa na que pensei para levala a cabo foi María Longa, ilustradora de imaxinación única e amiga, a única persoa capaz no mundo de facer dunha historieta sinxela unha explosión de cor… Ler máis
-
Micropoemario: Placentaria
Placentaria é un poema longo que naceu como unha performance xunto a artista e ilustradora María Longa e que presentei na Primeira edición de «Merendacea no Verbum. Poesía para devorar», un evento único para a experimentación arredor da palabra que creamos no colectivo Poetas da hostia. Este texto ten moito de especial para min, malia… Ler máis
-
Relatos: MicroQontos
Houbo unha época na que os blogs en galego supuxeron un cambio de paradigma, unha efervescencia de creación, opinión, xornalismo, crítica literaria e moitos outros temas que foi coñecida como o blogomillo. Nese tempo foi onde naceu Proxecto Q, un blog variado e xa extinto no que retomei, en moitos aspectos, un gusto pola creación… Ler máis
-
Micropoemario: Abandonos
No ano 2011 traballaba nunha empresa facendo de todo. Fun moderadamente feliz naquel lugar e aprendín a ser quen son. As oficinas estaban nun edificio semiabandonado que no seu momento foi comisaría franquista. Daquel lugar tirei algunhas fotos e reflexionei sobre o abandono neste pequeno poemario.
-
Micropoemario: Gallaecia
Moito renego agora deste texto, especialmente dalgúns fíos de machismo que del subxacen. Escrito no ano 2000, trátase dunha composición de carácter épico inspirada na xenial novela histórica de Darío Xohan Cabana, Morte de rei. Non se trata dun poema con rigor histórico, tan só un imaxinar. Foi merecedora do primeiro premio da Universidade de… Ler máis