BIO

Daniel Landesa (barrio de Coia – 1976).

Filólogo de formación, traballo no campo da publicidade e da edición. Á veces a cabeza búleme de máis e loito por sacar adiante libros ou proxectos bonitos como é Poetas da hostia ou como foi a Revista Criaturas (✝︎).

Ás veces escribo poesía, aínda que chamarme poeta me parece un insulto grave. Outras, lánzome sen rede contra a narrativa, con títulos como Unha sopresa para Goruk ou Penumbra.

Teño unha concepción da literatura que me fai arrepiar cos formalismos, sempre preferín ser tunante que escritor. E que non me poñan un micrófono diante, especialmente se levo camisa tropical: